Da reforma do Posío á preocupación polo encoro de Lindoso

La Voz

OURENSE

PILI PROL

Medio milleiro de ourensáns marchaban en 1986 a Suíza como traballadores temporais

22 sep 2019 . Actualizado ás 17:30 h.

Ourense viviu no ano 1986 acontecementos como a reforma do emblemático xardín do Posío ou as primeiras preocupacións veciñais na Baixa Limia polo encoro de Lindoso.

laboral

Temporeros ourensáns Suíza. Un total de 530 ourensáns saían no mes de marzo de 1986 con destino a Suíza con contrato de traballadores temporeros para empregarse principalmente nos sectores da construción, a agricultura e a hostalería. Destes 530, tan só doce eran mulleres.

obras no posío

Reforma da zona verde. Agora que está de actualidade na cidade o estado de abandono que vive o xardín do Posío ante a falta dunha reforma estrutural, é bo que lembrar que unha das últimas melloras importantes viviuna a emblemática zona verde no ano 1986. Hai 33 anos, optábase por pechar a instalación para que puidesen executarse as obras nas mellores condicións posibles.

lindoso

Ocupación de terras. O encoro de Lindo, que Electricidade de Portugal constrúe no tramo luso do río Limia, xeraba no ano 1986 problemas e inquietude entre os veciños polas prevista ocupación de terras nos municipios de Lobios e Entrimo. A instalación inauguraríase no ano 1992.

artes escénicas

Inauguración do primeiro estudo da cidade. Baixo a dirección de Mariluz Villar, inaugurábase en Ourense o primeiro estudo de artes escénicas. O novo centro dedicábase á docencia de distintas ramas e complementos do mundo do teatro e artes en xeral, como a expresión corporal, a guitarra ou a montaxe teatral.

cultura

Novo traballo musical de Paco Paco. O cantante ourensán Paco Paco gravaba no ano 1986 un novo traballo musical. Algunhas das súas cancións serán interpretadas por María Jiménez e Bertín Osborne.