1994: Un catamarán ourensán comeza a súa viaxe polo Sil

La Voz OURENSE

OURENSE

PILI PROL

O «Expo II» ten capacidade para 40 viaxeiros e 2 tripulantes

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

«Nunha nova iniciativa para promocionar o turismo rural da Ribeira Sacra, a Deputación de Ourense inaugurou onte un novo servizo de catamarán, que a partir deste mes asucará as augas do Canón do Sil. A idea de adquirir esta embarcación, o ‘Expo II' -con capacidade para 40 viaxeiros e 2 tripulantes-, xurdiu, como explicou o propio presidente da Deputación, Baltar Pumar, para dar a coñecer a beleza natural e monumental que posúe a provincia de Ourense, en concreto na conca do río Sil, onde se atopa o Mosteiro de San Esteban». Así contaba La Voz a inauguración da primeira viaxe do catamarán turístico que a día de hoxe xa é un clásico no turismo polo Sil ourensán. A crónica continuaba hai vinte e cinco anos: «Este catamarán, que custou 17 millóns de pesetas, percorrerá a Ribeira Sacra todos os días, estando programada a saída desde San Estebo con destino Abeleda e regreso ao comezo. O plan inicial consiste nunha viaxe pola mañá e outra pola tarde».