O Barbadás cambia Os Carrís por Baltar, en Portonovo

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

Non remataron as obras de remodelación do campo municipal da Valenzá

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A UD Barbadás comezará xogando a domicilio este domingo en Portonovo. O sorteo do calendario deparara que o choque inicial entre ambos na primeira xornada debese celebrarse nos Carrís, pero tendo en conta que o estadio municipal no que xoga o Barbadás segue en reformas -xa se están colocando os tepes de céspede artificial, pero o terreo de xogo non estará listo para o domingo como estaba previsto inicialmente- o club azulón solicitou o cambio. O encontro será ás 18.00 horas.

A esa hora xogará en casa o único equipo ourensán que empezará entón a liga como local, o Polígono, que recibe no seu campo ao Xuvenil Ponteareas. O Velle e o Arnoia arrincan a domicilio. Os ourensáns farano ás 19.30 horas en Sanxenxo e os ribeiraos, ás 19.00 horas, no campo da Lagoa de Mondariz.

Xoel

Doutra banda, en virtude do convenio entre a UD Ourense e o Barbadás, Xoel -xogador que fixo a pretemporada co primeiro equipo e con el xogou algún dos primeiros partidos preparatorios do verán- pasará a formar parte da entidade dos Carrís.

Con todo, a súa incorporación depende d unha cuestión persoal, posto que o mozo ten que incorporarse no outono á academia da Policía Nacional en Ávila para completar a súa formación despois de ter aprobado a oposición para ingresar no CNP.