Amigos dá Terra alerta da presenza de cianobacterias no encoro das Conchas

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

Tamén advirten que na zona de Portoquintela, Bande, acadouse o nivel máximo de risco

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Amigos dá Terra critica o estado en que se atopa o encoro das Conchas, en Muíños, xa que afirman que actualmente se xeraron nel unha gran cantidade de cianobacterias. Desde a asociación afirman ter realizado unha analítica para comprobalo o pasado luns que pon de manifesto que o encoro rexistra un considerable empeoramento de calidade. «Na última semana producíase un boom de cianobacterias, que son favorecidas polas altas temperaturas, máis horas de luz solar e un exceso de nutrientes, principalmente nitratos provenientes das explotacións gandeiras da comarca da Limia, que son o caldo de cultivo perfecto para que proliferen estas bacterias. Consecuentemente isto afecta á salubridade e ao estado sanitario das augas». Así o explican desde Amigos dá Terra. Tamén afirman que na zona de Portoquintela, Bande, acadouse o nivel máximo de risco de proliferación de cianobacterias cun reconto de cen mil por mililitro e critican que estes episodios recorrentes de contaminación non se solucionan: «Hai que atallar a problemática da xestión dos residuos gandeiros que producen as explotacións da Limia e Baixa Limia»