Parlamento, Cultura, Museo do Pobo Galego e Deputación homenaxean a Xaquín Lorenzo

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

PILI PROL

Cúmprense trinta anos do pasamento do etnógrafo de Lobeira

18 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, morría na súa casa familiar de Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989. Trinta anos despois, no mesmo lugar, o Parlamento de Galicia, o Museo do Pobo Galego, a Deputación e o Concello de Lobeira lembrarán ao etnógrafo e investigador coa descuberta dunha placa conmemorativa na súa casa de Facós. Será ás 12.00 horas e no acto participará, entre outros, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices. Xa pola tarde, ás 20.00 horas na sala da antiga biblioteca da Deputación, haberá unha mesa redonda titulada Xocas, non ronsel dá Xeración Nós e na mesma participarán Justo Beramendi, Clodio González, Vázquez Monxardín, María Xosé Cerviño e Xosé Carlos Sierra.