Unha empresa da Tecnópole lanza unha app para fichar desde o móbil

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

Está pensada para pequenas e medianas empresas

26 jun 2019 . Actualizado ás 20:39 h.

Unha aplicación móbil para que os empregados poidan fichar desde o teléfono intelixente. Ese é o último lanzamento ao mercado dunha empresa tecnolóxica situada na Tecnópole. A ferramenta deseñada por Primux busca facilitar ás empresas, e en especial ás pemes, o cumprimento da nova normativa de control obrigatorio da xornada laboral dos seus traballadores. A aplicación distínguese das que están no mercado, segundo destacan desde a Tecnópole, en que permite fichar co móbil só no caso de estar a menos de cinco metros do posto de traballo para así poder garantir a presenza requirida. Ademais, dispón dunha plataforma desde a que o administrador pode filtrar os datos por empregado, exportar informes e editar fichaxes, entre outras funcións. Desde a firma galega destacan que esta fórmula evita aglomeracións á hora de fichar en dispositivos ou o rexistro manual.