A vacante no Parlamento, para a exconcejala Carmen Dacosta

La Voz OURENSE

OURENSE

NARDONOVOA\

A popular Jackeline Fernández tomo posesión este martes en substitución de César Fernández

26 jun 2019 . Actualizado ás 08:22 h.

O recente falecemento de Raúl Fernández deixou unha vacante no Parlamento de Galicia. O deputado socialista será substituído por Carmen Rodríguez Dacosta, a seguinte na lista electoral presentada no seu día polo seu partido. Confirmouno este martes a La Voz de Galicia a futura parlamentaria, que ata hai uns días era concelleira do PSOE no Concello de Ourense e que foi secretaria xeral da agrupación local socialista.

Por outra banda, este martes incorporouse ao Parlamento como deputada do Partido Popular a ourensá Jackeline Elisabeth Fernández Macías, que substitúe na Cámara a César Fernández Gil tras a designación deste como alcalde de Ribadavia.