O festival celébrase no Principal
26 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.Hoxe • 21.00 horas • Teatro Principal • 5 euros • No Principal celébrase a décimo primeira edición da gala de danzas orientais da escola Enka. A actividade ten carácter solidario e a recadación destinarase a ADO, a Asociación de persoas con discapacidade de Ourense. Na escola Enka, en ADO e no despacho de billetes do teatro pódense adquirir as entradas.