Comprou unha moto por Internet pero o dono nunca chegou a entregarlla

La Voz OURENSE

OURENSE

DONIZ

O acusado recoñeceu os feitos e aceptou unha condena de seis meses de prisión

26 jun 2019 . Actualizado ás 08:22 h.

Un asunto de estafa foi obxecto este martes de xuízo na capital ourensá. No banco dos acusados sentouse Javier C. R., a quen o fiscal imputaba un delito polo que solicitaba nun primeiro momento unha condena dun ano e medio de cárcere. Iso si, as partes chegaron a un acordo de conformidade que facilitou que se rebaixase esa condena ata os seis meses, tras recoñecer o acusado os feitos. Así, queda probado que o imputado puxo á venda nunha páxina web unha moto, por un prezo de mil euros. Contactou con el un ourensán, interesado en adquirila e entre ambos acordaron que pagaría ese prezo, ingresando como primeira parte do pagamento o comprador a cantidade de cincocentos euros. Iso si, a venda nunca chegou a materializarse xa que o acusado non lle mandou a moto ao particular, quen o denunciou ao xulgado.