Arte Infantil

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

Alumnos de Verín expoñen os seus traballos artísticos

20 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os alumnos da Escola de Artes e Oficios de Verín presentaron esta semana unha selección das obras que realizaron ao longo do curso 2018-2019 e que estarán expostas na Sala de Exposicións do Concello ata o 5 de xullo. Baixo o título «Arte Infantil», a mostra poderá visitarse de luns a venres, en horario de cinco a oito da tarde.