A socialista Isabel Gil é alcaldesa de Ramirás como candidata máis votada

Ricardo gonzález

OURENSE

MIGUEL VILLAR

O BNG optou por non entrar nun pacto de goberno

16 jun 2019 . Actualizado ás 11:34 h.

A condición de Isabel Gil, candidata do PSOE, de representante da lista máis votada converteuna en alcaldesa de Ramirás. PSOE e PP contan coa mesma representación na corporación, catro edís cada formación, e o BNG ten un concelleiro. O representante nacionalista votouse a si mesmo, ao non acadar un acordo co PSOE, e Isabel Gil ostentará a alcaldía. Ricardo González