Dous anos de cárcere e dous máis de liberdade vixiada por provocar seis lumes forestais

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Ao acusado aplicóuselle unha eximente pola súa adicción ao alcol. Non poderá exercer traballos relacionados co monte

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

En dous anos de prisión e outros dous de liberdade vixiada, ademais do pagamento dunha multa, quedou fixada este xoves a condena para un home que se recoñeceu autor de seis incendios forestais rexistrados na comarca de Maceda durante o verán de 2017.

A vista contra Ricardo G. G. apenas se prolongou durante uns minutos na Audiencia provincial, dado o acordo de conformidade ao que chegaron as partes. Tívose en conta para a imposición da pena que o acusado padece un trastorno psiquiátrico motivado polo consumo de alcol grave e que padece un trastorno orgánico da personalidade, o que se valorou como unha eximente incompleta porque diminúe as súas facultades intelectivas e volitivas.

Ademais, o ministerio público retirou a acusación sobre tres dos incendios que se atribuíron inicialmente ao sospeitoso. Queda probada, xa que logo, a responsabilidade do acusado en seis lumes, cinco dos cales causou na madrugada do 3 de agosto. A condena implica a súa inhabilitación para exercer calquera traballo relacionado co monte.