O Ourense CF suma a súa cuarta vitoria consecutiva ante a Polvoreira

Jacobo Rodríguez OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Os ourensáns derrotaron á Polvoreira cun tanto de Germán Novoa

18 abr 2019 . Actualizado ás 21:30 h.

O Ourense CF segue soñando coa cuarta praza despois de sumar a súa cuarta vitoria consecutiva ante a Polvoreira (0-1) nun partido no que foi de menos a máis, demostrou o seu poderío e a súa orde defensiva para maniatar ao filial lucense no primeiro tempo e dominalo no segundo conseguindo o triunfo cun gol de Germán Novoa.

O primeiro tempo foi de moita intensidade no medio campo e con escasas aparicións en ambas as áreas de ambos os equipos. Martín Fernández puido conseguir o primeiro gol nun remate que pasou preto da escuadra da portería de Cacharrón no minuto 28. Pero no segundo tempo, a presión alta do equipo de Fran Xusto, o seu poderío no medio campo e a intensidade e profundidade dos seus laterais, converteulles en dominadores do partido, aínda que puideron ver en perigo a súa vitoria final no único erro do segundo tempo, un mal despexe de Diego García que Javi Rey non logrou acertar no remate a portería baleira. Renan foi o absoluto dominador do choque e a estratexia era sinónimo de perigo para os ourensáns. Nunha acción de Raly Cabral, que atopou a Germán Novoa polo centro por velocidade, chegou o gol do triunfo tras unha perfecta execución de tiro cruzado raso a sete minutos para o final, sen que os locais tivesen capacidade de reacción. Con este triunfo o Ourense CF mantense a seis puntos da praza de play off de ascenso pero con Alondras, Choco, Barco, Unión Deportiva Ourense e Arousa aínda por diante.

Polvoreira: Cacharrón, Varo (Asier, min. 84), Pedro López, Matías, Pablo Rey , Marcos (Javi Rey , min.48), Brunet, Rayco, Cadrado, Morais (Porrúa, min 79), Escobar. 

Ourense CF: Diego, Juanma Xusto, Martín Lamelas, Novoa, Pedro, Raly (Xinzo, min.86), Fuentes , Murillo, Pablo Pérez, Renan e Manu Mariña.  

Árbitro.- Méndez Castro, asistido por Belmonte Martel e Ríos Suárez. Amoestou polo CDLugo B a Marcos, Cadrado e Escobar; e polo Ourense CF a Juanma Xusto e Pedro. Ademais, expulsou a Xinzo (Ourense CF) 

Gol: 0-1 Germán Novoa (min. 83)