Ramos no alto e en procesión

A Semana Santa arrincou cun dos actos máis esperados


Ourense

Minutos antes de que comezase o acto central da bendición dos ramos no parque de San Lázaro empezou a chover. Un orballo que durou o tempo no que tardou en aparecer a imaxe da borriquita. Entón saíu o sol e comezou o acto que marca o inicio da celebración da Semana Santa por parte do Obispado de Ourense. Víronse, como é habitual, moitos nenos portando ramos e palmas ansiosos de ver á «borriquita», e pais e avós acompañándolles. Tamén turistas que se atoparon no seu paseo pola capital coa procesión.

Tras a bendición dos ramos arrincou a procesión, presidida polo Bispo de Ourense, Leonardo Lemos, que percorreu o Paseo ata legar á catedral, onde se oficiou a misa do Domingo de Ramos. No seu percorrido, eran moita as persoas que agardaban o paso para ver a imaxe e unirse á procesión. Esta imaxe repetiuse noutras localidades ourensás, como Celanova, O Carballiño ou Verín, que onte celebraron o inicio da Semana Santa.

Haberá, ao longo dos próximos sete días, máis dunha ducia de citas relixiosas e os ourensáns poderán gozar da imaxinería en cinco actos procesionais. O mércores, ás 19.00 horas, celebrarase a misa crismal presidida polo Bispo e concelebrada polos sacerdotes chegados das diversas zonas. O xoves Santo, ás 17.00 horas, celébrase o Lavatorio de Pés e o venres Santo, ás 21.00 horas, a procesión do Santa Enterro. O sábado, ás 7.00 horas sairá a procesión da Soledad , da igrexa da Santísima Trindade, con Viacrucis e sermón na catedral para terminar na mesma igrexa. E o Domingo de Resurrección, a cita é ao mediodía na catedral, onde se celebra misa e posterior procesión.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Ramos no alto e en procesión