Técnicos da D.Ou. Valdeorras imparten un curso de sumillería en Salamanca

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

OURENSE

cedida

A formación levou a cabo no Centro de Referencia Nacional

29 mares 2019 . Actualizado ás 14:34 h.

Membros do equipo técnico do Consello Regulador da D.Ou. Valdeorras impartiron este mércores un curso de sumillería en Salamanca. A xornada tivo lugar nas instalacións do Centro de Referencia Nacional do Servizo Público de Emprego da cidade. Estes centros son públicos e dedícanse á innovación e experimentación en materia de Formación Profesional. O curso centrouse nas cualidades descritivas dos viños valdeorreses, os seus matices e as variedades de uva presentes en toda a zona, así como a historia e os valores diferenciais do territorio.

«As actividades de formación son practicamente tan importantes para nós como as de promoción, posto que nos axudan a divulgar ente públicos especializados os valores singulares dos nosos viños», explica o presidente da D.Ou. Valdeorras, José Luis García Pando.