Máis dun milleiro de empregados públicos foron formados na Deputación

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

A institución gastou 143.502 euros o ano pasado en accións formativas

25 mares 2019 . Actualizado ás 20:25 h.

O ano pasado a Deputación formou a 1.107 empregados públicos da provincia. A institución dedicou a estas actividades un orzamento de 143.502 euros. Son os datos xerais do balance feito público este luns polo goberno popular sobre o seu programa de formación continúa para os empregados da Administración. Houbo en total 55 accións entre cursos e xornadas formativas.

«Trátase dunha oferta comprometida coas demandas dos empregados públicos da provincia, achegando un amplo abano de posibilidades temáticas para dar cobertura ás necesidades dos diferentes servizos da Administración», destacou o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, que puxo de relevancia as altas valoracións realizadas polos participantes sobre a calidade das actividades organizadas.