Tecnópole e Xunta buscan impulsar a pemes agroalimentarias

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Ata o mércores, 27 de marzo, está aberto o prazo para presentar solicitudes para participar no programa

25 mares 2019 . Actualizado ás 08:13 h.

O mércores péchase o prazo para a presentación de solicitudes de participación na terceira edición da aceleradora de empresas Agrobiotech. O programa pretende impulsar a pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario e tecnolóxico, logrando mellorar os seus resultados. A iniciativa organízaa a Xunta e a Tecnópole e varias empresas da provincia de Ourense participaron en edicións anteriores.