O peor COB foi incapaz de deixar atrás ao Palma na clasificación

jacobo rodríguez OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A derrota ante os baleares no Pazo encarece a batalla polo factor cancha

25 mares 2019 . Actualizado ás 08:00 h.

O peor COB da tempada caeu ante un rival directo na loita polo playoff, nun partido para esquecer: 54-66.

Falto intensidade defensiva no comezo de partido, propiciando o parcial de 0-8, sen ideas en ataque, algo que foi unha constante no xogo, salvo os minutos de inspiración no triplo ante a alternativa zonal de Palma, con Sergio Rodríguez e Van Wijk inspirados, pero cunha porcentaxe de acerto co que sería imposible gañar a calquera rival de calquera categoría, sobre todo en tiros desde posicións próximas ao aro. Se a todo iso se lle suma que a referencia interior era inexistente con Rozitis desaparecido e sumando faltas e Watson coas lóxicas dificultades ante a envergadura dos pivotes rivais, o ataque do COB resumíase nas canastras de calidade individual de Zamora e as do que nunca falla, Ott.

Así, o COB tivo que sobrevivir a un segundo cuarto aínda peor, cunha canastra nos nove primeiros minutos e manténdose en partido pola súa melloría defensiva e os desacertos en canastras de alta porcentaxe de Guerra, que non era capaz de aproveitar a súa superioridade na zona dominando o rebote ofensivo. A mellor noticia ao descanso era o marcador (27-29), a pesar de recibir unha última canastra sobre a bucina de rebote de ataque noutra lagoa defensiva.

Nada cambiou tras o descanso nun equipo que estaba desnortado e sen referencias nin en ataque nin a nivel de liderado. Nin aproveitando que Guerra seguiu mostrando as súas excentricidades e case se autoexpulsa do partido. Palma dominaba o tempo de partido ao seu antollo e conseguía rendas case definitivas cando quixo e perdeunas tamén cando fixo méritos para iso. Só un refacho de Pepo Vidal con tres triplos consecutivos, foi un sopro de aire fresco para un COB que chegou a colocarse a só tres puntos (42-45), cando a tónica xeral do cuarto moveuse en rendas superiores a dez puntos e cunha máxima de 11 en varias ocasións. Pero foi efémero porque cada tímida reacción cobista atopou resposta nos xogadores referencia de Palma. Por sorte para o COB ao último cuarto chegou con vida, a que lle volveu dar o equipo de Felix Alonso en forma de perdas de balón e canastras doados con Pepo Vidal liderando a un equipo a anos luz do seu mellor nivel.

E os peores presaxios confirmáronse no último cuarto, repetindo as constantes negativas do xogo cobista, sen ideas en ataque, con xogadores clave como Zamora e Rozitis que restaban en defensa e en ataque a Palma abondoulle tirar de oficio e o acerto de Barac para gañar.

COB (54): ?Pepo Vidal (16), Ott (10), Sergio Rodríguez (10), Van Wijk (3), Rozitis (4) -quinteto inicial-, Zamora (8), Watson (3), Masters, Stefanuto, Muratovic.

PALMA (66): Alex Hernández (11), Bivia (7), Gilbert (9), Barac (20), Guerra (12) -quinteto inicial-, Gluditis, Quintela (5), Ucles, Barber (2).

Parciais por cuartos: 19-18, 8-11, 22-24, 5-13.

Árbitros: Bravo Loroño, Vázquez García e Franquesa Vázquez. Sen eliminados.

Incidencias: Pazo dos Deportes Paco Paz. Uns 1.800 espectadores nas súas bancadas, para o partido da xornada 28 da LEB Ouro.