As musas do Arnoia

Tareixa Taboada OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Sálgaa Anxo Valente rende homenaxe a un dos máis importantes escultores do XX, Antonio Faílde

25 mares 2019 . Actualizado ás 08:00 h.

«A imaxinación é o principio da creación». G. B. Shaw.

Antonio Faílde e a natureza recoñecida é unha magnífica aposta do Museo Municipal co patrocinio da Xunta e o labor hercúlea como custodio e conservador do fillo do escultor, Miguel Ángel Faílde e a sabia xestión da comisaria da exposición, a historiadora, conservadora e investigadora Natalia Figueiras. Unha mostra que tamén contou coa achega dos museos colaboradores que permiten unha aproximación á obra máis reservada e privada do autor, así como asistir ás fases do proceso creativo a través dunha monumental colección que reúne en máis de 120 esculturas e outros tantos debuxos que nos permiten penetrarnos nun universo máxico e mítico, orgánico e panteísta no que a Natureza é a orixe e o home é parte dese mundo natural primigenio, unha cosmogonía Faílde fascinante a través da emoción contida na torsión dos corpos e os seus diferentes hipertrofias e a materialización física do palpitante proceso creativo na obra.

Equilibrio de forzas entre o vitalismo e o recollemento das figuras pechadas, replegadas sobre si, ensimesmadas e inmersas nun mundo interior dominado pola introspección e a meditación a través dunha iluminación mística ou na serena contemplación da natureza e o seu latexado de vida. É nos grupos onde vemos a máis clara inspiración do primeiro Románico galego, do Pórtico da Gloria, como en Profetas e Espera numen de Laxeiro e do que foi o seu discípulo, o sublime e entrañable escultor Arturo Baltar nesas formas suxeridas modeladas pola luz na tendente isocefalia e frontalidad dos grupos familiares como unha revisión humanizada do primitivismo panteísta. O efecto masa do bloque monumentaliza as formas cun espírito Miguelangelesco tanto nos debuxos con efecto 3D polo volume como na escultura que emerxe dos distintos formatos e materiais sendo o propio material o que define o acabado, liso ou granítico, a textura máis abrupta de cristais máis grosos do granito máis recente ou de cristais máis pequenos e pulidos de pedra máis antiga. Preséntase nunha liña de esculturas o feito creativo a través do seu proceso, desde o bloque nas incisiones ou marcas de ferramenta á aproximación á figura, o tallado ou labra e o acabado.

Natalia Figueiras analiza as fórmulas de creación do artista: desde o eidetismo na procura do achado da figura na roca preexistente: Muller sentadea Museo Quiñones de León ou Home tombado nunha rocha no que sorprende o efecto masa. Primitivismo inxenuo na imaxinería das Venus do Arnoia ou Mulleres sentadas tema iconográfico que se repite ao extenso da súa produción e remite á Venus esteatopigia como símbolo de fertilidade e natureza, matriarcado fecundo protector da familia e a paz. Maternidades suaves como Madonnas nas que expresa a tenrura que relaciona ás figuras.

A outra forma de crear, a pareidolia na pervivencia do canto rodado orixinal do que emerxe o volume. Faílde evoluciona estilísticamente sen abandonar ningún estilo, dando forma á súa propia caligrafía en función do material ou a expresión: do primitivismo á indefinición das formas de Medardo Rosso e o naturalismo dos bajorrelieves, máis de permanencia medieval que vulto redondo. Os frisos de madeira, xeométricos e cubistas, avanzan un socialrealismo próximo ao mundo rural do traballo, sugirierendo pola súa modernidade, ao trazado dos carteis do Constructivismo ruso, ao Realismo de Daumier e Courbet: Muller axeonllada. O paso do clasicismo de belas artes e o romanticismo das estatuas columna en obras como Monumento ás ninfas ou o magnífico torso de BBAA da Coruña cunha textura megalítica transformada en amasillo de veas e músculos.

A liberación do efecto masa e o movemento atópase nos barros, creacións libres da colección privada do autor. Neste proceso de creación xorde a Abstracción xeométrica e un dialogo de masa e baleiro, material e espazo moi próximo nos debuxos a Moore no método de visión da abstracción lírica, sendo estes carboncillos obra definitiva, non estudo para a escultura.

Miguel Ángel Faílde guíanos a través do bosque animado construído polo seu pai. Grazas á súa marabillosa sensibilidade hoxe podemos descubrir e admirar unha obra reservada ao ámbito familiar. Proximamente a peza estrela da exposición colocarase nun emprazamento público da cidade.