E Yosi volveu cantar

La Voz OURENSE

OURENSE

Cándida Andaluz

O cantante dos Suaves presentou en Ourense un libro coas letras das súas cancións durante un acto de homenaxe. Anunciou que en pouco tempo agarda volver aos escenarios

25 mares 2019 . Actualizado ás 08:17 h.

Ourense volveu renderse a  Yosi, o cantante dos Suaves. Fíxoo durante un acto de presentación dun libro coas súas letras que se converteu nunha homenaxe a un poeta.

Manuel Manquiña foi o mestre de cerimonias. Acudiron, entre outros, Fortu de Obús. Chegou subido nunha moto para demostrar que quedan lonxe as secuelas da súa caída. Mesmo, e ante a insistencia dos presentes, volveu cantar. Yosi anunciou que volverá aos escenarios en pouco tempo. Demostrou que segue en forma.

O novo proxecto de Yosi é Cancións, algún descoido e dous ou tres fotografas. Un libro no que se recompilan todas as letras escritas durante os últimos corenta anos, incluíndo fotos de toda a súa carreira e colaboracións de compañeiros de vida e de profesión, todos eles dispostos a render homenaxe ao que xa é un emblema do rock nacional.