Entregados os premios do primeiro concurso Maridanza

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

Os restaurantes gañadores foron Piquiño e Il Piacere

22 mares 2019 . Actualizado ás 21:05 h.

Enmarcado dentro da edición número vinte das Xornadas Gastronómicas do Entroido, o primeiro Concurso de Maridanza só o puideron gañar dous dos oito establecementos que se presentaron, a pesar de que os membros do xurado afirman que o nivel era moi bo. A competición consistía en ver quen combinaba mellor a D.Ou. Valdeorras cun primeiro prato. Este venres entregáronse os galardóns. Un á mellor maridaxe con viño branco para Piquiño Restaurante e outro a mellor maridaxe con viño tinto para Il Piacere.