O BNG bota o resto en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Ana Pontón volve á cidade para apoiar ao candidato nacionalista, Luis Seara

22 feb 2019 . Actualizado ás 14:12 h.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, está intensificando as súas visitas a Ourense. Este xoves mantivo unha reunión con delegados da CIG e volveu arroupar ao candidato nacionalista en Ourense, Luis Seara, para que o Bloque volva á corporación municipal.