Moncho Borrajo fixo gozar aos ourensáns

A voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

O humorista de Baños de Molgas ofreceu no Auditorio o seu espectáculo «Borrajo perdido»

16 feb 2019 . Actualizado ás 23:03 h.

Moncho Borrajo regresou ao Auditorio e a unha desas actuacións que considera emotivas, por ser nun lugar que está presente na súa historia e onde conserva bos amigos. «Borrajo perdido» serviu para pasar unha velada con moito humor e enxeño. Nesta ocasión o humorista de Baños de Molgas optou por un espectáculo á carta, ofrecendo aos espectadores a oportunidade de elixir algún dos monólogos realizados polo artista nos seus 45 anos de carreira profesional.