Dinámicas e obxectivos contrapostos na Moreira

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

O Antela e o Barbadás mídense en desigual posición: pechacancelas e aspirante ao ascenso

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Derbi ourensán desigual observando a clasificación, pero derbi con moitos alicientes á fin e ao cabo o que se vivirá na Moreira (17.00 horas) entre o Antela e o Barbadás. Un choque que mide ao pechacancelas e cada xornada que pasa co obxectivo máis difícil da permanencia ante o terceiro clasificado e a dous puntos do ascenso directo. Dez vitorias, tres empates e 36 puntos separan ao Antela e ao Barbadás, pero a pesar da diferenza, ambos están obrigados a lograr o triunfo e no caso do Antela só a vitoria permitiríalle manter un fío de esperanza en loita pola permanencia unha semana agónica máis.

Ao Barbadás tamén só lle vale o triunfo para manter a súa loita co Estradense por ese segundo posto de ascenso directo e o conxunto de Juanjo Vilachá quere manter a súa serie positiva mentres segue recuperando xogadores para chegar ás últimas xornadas coas opcións intactas de ascenso. Pero ademais da rivalidade e a presión polos puntos, o espectador terá o aliciente de dous equipos con capacidade realizadora.