O Concello acorda revogar a licenza da Trindade

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

En 1994 os partidos políticos coincidían na necesidade de paralizar as obras

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As escavacións para os cimentos das obras da nova reitoral da igrexa da Trindade mantiveron onte o forte ritmo dos últimos días, intensificado precisamente desde o momento en que transcendeu o acordo da comisión municipal de Urbanismo, que ditaminou a conveniencia de revogar a licenza e parar estas obras. A comisión de Goberno, pola súa banda, revisará hoxe esta polémica licenza, denunciada pola asociación de comerciantes do Casco Vello. A unha hora tan inapropiada como ás sete da mañá espertaron onte os veciños, co ruído producido polas escavadoras. Quéixanse de que se adiantaron os horarios e que non pairan nin para comer.

A pesar da contundencia do acordo -todos os grupos políticos apoian a iniciativa- a decisión de revogar unha licenza de obra sempre é difícil, sen que ademais existan moitos precedentes. O proxecto suporía unha ruptura total coas previsións que marca o plan especial de zona vella.