O vicepresidente provincial substitúe a Baltar nun cume en Granada

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

Rosendo Fernández participou na firma dunha declaración que reafirma o papel das deputacións

16 feb 2019 . Actualizado ás 20:25 h.

A cuarta edición da conferencia de presidentes provinciais de España celebrouse entre o xoves e este venres en Granada. En representación da Deputación ourensá acudiu neste caso o seu vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, a pesar de que o comunicado difundido pola institución provincial para informar os acordos adoptados lembra que este cume foi impulsada no ano 2015 polo presidente ourensán, José Manuel Baltar. Fernández participou en Granada na firma dunha declaración institucional que reafirma o papel que xogan os gobernos intermedios na cohesión do territorio.