Óscar Sánchez, candidato do PSOE por Nogueira de Ramuín

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

Foi elixido pola militancia no municipio

16 feb 2019 . Actualizado ás 20:24 h.

O PSdeG PSOE de Ourense confirmou o seu candidato á alcadía de Nogueira de Ramuín. Trátase de  Óscar Sánchez Yáñez que actualmente formaba parte do equipo da oposición no municipio. Óscar Sánchez explica que se presenta coa intención de «defender os pobos, loitar contra a despoboación e reducir a abismal débeda na que nos sumiu o PP, ademáis de que chegou o momento de que os tempos cambien e rexenerar un concello no que xa sabemos como traballa e o pozo o que nos levaron os actual goberno». O novo portavoz socialista remarcou que a débeda é un dos principais problemas do municipio «porque débese un millón de euros, una cuantía suficientemente importante para ter en conta e hai que traballar para eliminala, xa que hai recursos suficientes, que ben administrados, permitiríanos eliminala».