María de los Ángeles Iglesias , candidata do PSOE en Vilamarín

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

Os socialistas estrean número uno nestas eleccións

16 feb 2019 . Actualizado ás 14:34 h.

O PSOE de Vilamarín estreará candidata nas próximas eleccións de maio. Trátase de María de los Ángeles Iglesias Rodríguez, que foi elixida pola militancia. Nun comunicado difundido polo partido, a nova número uno socialista promete acabar coa xestión «escurantista e feudal» do PP na localidade.