A UD Ourense reinicia esta noite o proceso para darlle a substitución á directiva saínte

Abrirase un novo prazo para a presentación de candidaturas á presidencia do club ourensanista


Tras a confirmación de que non se presentou ningunha candidatura para substituír á cúpula reitora da Unión Deportiva Ourense, os compromisarios da entidade están citados para outro encontro asembleario na sede administrativa da Xunta de Galicia, a coñecida como Casa de Chocolate. Será ás 20.00 horas en primeira instancia e trinta minutos despois no caso de que sexa necesaria un segundo reconto presencial.

Coa directiva de Modesto García convertida en xestora, a dirección da convocatoria extraordinaria corresponde á xunta electoral que preside Rubén García Taboada. O único punto da orde do día é o da elección da xunta directiva da entidade de accionariado popular. Tras a explicación dos pasos dados e ao constatar que non se presentou ningunha candidatura, os estatutos contemplaban a opción de abrir un novo prazo que concluirá a finais do presente febreiro.

Con anterioridade estableceuse como vía de comunicación para presentar a posibles candidatos, resolución de dúbidas ou a formulación de recursos ao censo ou ás propias candidaturas a dirección de correo electrónico eleccionsudourense2019 \gmail.com.

Desde o seo do club avogan pola transparencia e a máxima información aos socios, para que poidan saber o que vai sucedendo no proceso.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

A UD Ourense reinicia esta noite o proceso para darlle a substitución á directiva saínte