A Cámara acusa o Concello de favorecer a Alcampo

La Voz

OURENSE

PILI PROL

En 1989 avanzábase na implantación da firma comercial na cidade

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A rapidez coa que o equipo de goberno ultimou as xestións para facilitar a implantación de Alcampo en Ourense, sen dar opción a que a Cámara de Comercio presentase un estudo sobre o seu impacto no comercio local centrou as críticas do presidente da Cámara, Sánchez Aguirre, á actuación do Concello. Unha postura que foi rexeitada e cuestionada por parte do rexedor municipal, Veiga Pombo. Para o alcalde o desembarco de Alcampo non só «non era inevitable, senón que era unha cuestión que estaba ‘cantada' desde fai tres anos» e que se non se materializou antes «foi polas trabas que lle puxeron os políticos que gobernaban esta cidade». Aguirre mantén que se debería agardar a rematar e coñecer o estudo encargado pola Cámara e que, en todo caso, faise necesario protexer ao comercio local. Veiga dixo que o desembarco das áreas comerciais é un movemento imparable, lembrou o sucedido en Vigo desde a apertura del Corte Inglés en 1975 e precisou que unha fórmula similar, de varios empresarios ourensáns, tampouco beneficiaría ao pequeno comercio.