Ourense lidera o retorno de emigrantes de América

La Voz

OURENSE

DANIEL LÚA

En 1989 rexistrábase unha «contraemigración» procedente de Arxentina e Venezuela

05 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai tempo que vén rexistrando un curioso fenómeno que xa empeza a coñecerse como a «contraemigración». É o reverso da historia e os datos figuran rexistrados nas catro provincias galegas: trátase do masivo regreso a Galicia dos fillos e netos de emigrantes, que volven en busca dun traballo e unha estabilidade dos que non dispoñen nos seus países de orixe.

Maioritariamente proceden de Arxentina e Venezuela, por ser os lugares que non se atopan nun bo momento económico e social, e a provincia que lidera este fenómeno da «contraemigración» é a de Ourense, seguida da de Pontevedra. Aínda que o perfil é o de fillos ou netos de emigrantes que queren iniciar unha nova vida na terras dos seus antepasados, tamén hai outras tipoloxías en menor medida. Con todo, o país que máis regresos produce é os Estados Unidos e trátase de xubilados que traen a súa pensión en dólares. Pola contra, o tránsito que está a tocar ao seu fin é o de Cuba.