Abanca ofrece produtos financeiros á D.Ou. Valdeorras

La Voz O Barco

OURENSE

O banco e o organismo vitícola asinaron un convenio de colaboración

04 feb 2019 . Actualizado ás 13:39 h.

Os viticultores e as adegas amparadas pola D.Ou. Valdeorras poderán acceder a novas opcións de crédito de Abanca con facilidade. Así o recolle o convenio asinado entre o presidente do organismo vitícola, José Luis García Pando, e o director de zona de Abanca en Ourense, Diego Fernández. O acordo pon a disposición do sector un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis esenciais: préstamos específicos con ampla amortización e baixas taxas de interese, liñas de comercio exterior, financiamiento a través de leasing, garantías e anticipos de subsidios ou impostos. Tamén hai un apartado especial de seguros.