O PSOE reclama persoal para a estación de viticultura de Leiro

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

Os socialistas acusan a Xunta de «deixar esmorecer» este servizo

28 ene 2019 . Actualizado ás 20:37 h.

A deputada socialista Noela Blanco presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao goberno autonómico a contratación dun enólogo e dun especialista na Evega, a estación de viticultura de Galicia, situada en Leiro (Ourense). Blanco asegura que esas prazas levan un ano vacantes e acusa o executivo galego de «deixar esmorecer» o centro. A estación, di, «é fundamental para a comarca, cunha denominación de orixe, a do Ribeiro, que é a máis antiga de Galicia, e que conta con 2.800 hectáreas de viñedo e máis de 100 adegas».