A provincia pechou o 2018 con 336.248 visitantes, o mellor dato dos últimos anos

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Así o indica o informe que onte mesmo fixo público o Instituto Nacional de Estatística relativo ao mes de decembro

23 ene 2019 . Actualizado ás 20:30 h.

Ourense pechou o ano pasado o mellor exercicio dos últimos en materia de turismo. Foron, en total, 336.428 os visitantes que entre os meses de xaneiro e decembro pasaron polo menos unha noite de hotel nalgún dos establecementos da provincia, o dato máis positivo da última década. Así o indica o informe que onte mesmo fixo público o Instituto Nacional de Estatística relativo ao mes de decembro. Neste tempo, e con pontes festivas longos como o da Constitución, a provincia contabilizou 22.828 visitantes, dos que case vinte mil eral españois. Son poucos, de feito, os estranxeiros que se deciden a visitar Ourense e proba diso é que apenas tres mil viaxeiros procedentes doutros países chegaron ao territorio o mes pasado. Con todo, acadáronse as 39.127 noitadas nese último mes do ano, situándose a estancia media en 1,71 días.

As provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra son as que nutren de turistas ao territorio. Así, a enquisa do INE reflexa que seis de cada dez dos turistas que chegaron a Ourense procedían da propia comunidade autónoma. As boas comunicacións por tren con capitais como Santiago e A Coruña teñen moito que ver, sin duda, con esa circunstancia. Madrid, outra cidade coa que tamén existen boas comunicacións ferroviarias, achega outro 15 % dos viaxeiros. Iso si, o sector ten pensado como desexo para o 2019 non só seguir sumando visitantes senón tamén lograr que os bos datos redunden no emprego. Ao peche de decembro eran 535 os traballadores contratados.