A D.Ou. Valdeorras intensifica as súas accións promocionais

La Voz O Barco

OURENSE

O pleno aprobou a participación en Xantar e no Fórum Gastronómico da Coruña

25 ene 2019 . Actualizado ás 12:33 h.

O Consello Regulador dá Denominación de Orixe Valdeorras intensificará as accións promocionais este ano. Así o acordou o pleno, reunido na sede do organismo víticola, na que foi a primeira reunión dos vogais no que vai de ano. Segundo o aprobado, os viños de Valdeorras estarán presentes en Xantar, que se celebra en Ourense en febreiro; e no Fórum Gastronómico da Coruña, en marzo. Ademais, impulsaranse varios eventos promocionais en Santiago e Barcelona, nestes casos da man de Verema. Haberá máis. «Ao longo do ano irase completando a axenda de eventos aos que imos participar como consello regulador», avanzaba o presidente da D.Ou., José Luis García Pando.

O pleno tamén autorizou a firma dun convenio con Abanca, como se veu facendo nos últimos anos, para que adegueiros e viticultores poidan acceder a diversos produtos financeiros con intereses reducidos.

Ademais, autorizouse a actualización de diferentes procedementos para adaptalos ás esixencias da certificación ENAC, que teñen que ver con a verificación de aptitude das partidas de viño, coa xestión de contraetiquetas ou coa xestión de recursos, reclamacións e litixios, entre outros asuntos. E deuse o visto e prace á renovación do contrato co técnico que foi contratado o ano pasado, nun persoal con tres técnicos.