O PSOE propón crear un Consello Municipal dá Emigración na capital ourensá

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL ASCÓN

Os socialistas celebrararon este venres unhas xornadas sobre a materia

18 ene 2019 . Actualizado ás 20:30 h.

A sede do PSOE na rúa Ribeira de Canedo foi este venres escenario dunhas xornadas informativas sobre emigración que contaron coa participación de distintos colectivos implicados neste ámbito así como coa responsable federal do partido na materia, a deputada coruñesa Pilar Cancela. Luis Gulín, o seu homólogo a nivel provincial, expuxo a proposta de seguir o exemplo de Alemaña, que desde fai trinta anos ten consellos municipais da emigración para facilitar a integración das persoas que chegan ás súas localidades. En Ourense podería servir tamén para atender aos emigrantes retornados, cos que os socialistas se reuniron onte tamén.