O campo de fútbol de Soutopenedo terá céspede artificial

La Voz OURENSE

OURENSE

Alberte Paz Garza

A Deputación achegará 150.000 euros para as obras

18 ene 2019 . Actualizado ás 20:31 h.

O alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, e o presidente da Deputación ourensá, José Manuel Baltar, asinaron este venres un convenio para dotar de céspede artificial ao campo de fútbol de Soutopenedo. A institución provincial comprométese a achegar 150.000 euros para financiar as obras.