Abre a mostra «Falando en prata VIII»

La Voz

OURENSE

A exposición de fotografía está organizada polo Ateneo de Ourense

18 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Photo Art • O Ateneo de Ourense abre a oitava edición do seu proxecto «Falando en prata», unha iniciativa comisariada por Pablo González Prieto que reúne a fotógrafos de todo o Estado. A cita é na galería Photo Art (Avenida de Buenos Aires, 79), onde se mostrará a exposición colectiva.