Convocada unha nova edición do premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

A entrega do galardón coincidirá co Día internacional da liberdade de prensa

12 ene 2019 . Actualizado ás 19:24 h.

A Junta de Goberno da Deputación ourensá aprobou este venres a convocatoria da vixésimo novena edición do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo. O galardón, que lembra a figura do xornalista de La Voz de Galicia falecido no ano 1988, será entregado por un xurado presidido polo máximo responsable da institución provincial, José Manuel Baltar, e formado por representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, da Federación de Asociacións de Xornalistas, da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.

O prazo para a presentación dos traballos, que deberán ter sido publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2018, remata o 18 de marzo. A entrega do premio terá lugar o 3 de maio, Día internacional da liberdade de prensa.