Presenza pavillonista no Internacional do Salnés

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

CBP

A canteira do club ourensán segue guindando bos resultados en todos os seus niveis

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A canteira do Balonmán Pavillón volveu brillar con representantes nos combinados autonómicos que participaron no prestixioso Torneo Internacional do Salnés.

No caso de Sandra Sánchez, xuvenil de segundo ano, tocoulle xogar nesta oportunidade coa selección galega da súa categoría, que se alzou co primeiro posto da competición.

Pola súa banda, Verónica de Cristofaro, cadete da formación pavillonista, tamén foi convocada polo seleccionador galego para disputar para acudir a unha cita na que só foron superadas polo combinado asturiano.

As dúas xogadoras ourensás afrontaron deste xeito unha cita que serviu de preparación para o próximo Campionato de España, que esta tempada se disputará na cidade castelá de Valladolid .