Un xardín de letras

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

O Centro Médico O Carmen entregou os premios do seu concurso escolar de relato

11 dic 2018 . Actualizado ás 21:18 h.

Os premios de o concurso de relatos da Escola de Saúde do Centro Médico O Carmen, O Xardín das Letras, entregáronse nun acto celebrado na CEO. O certame, que acada a súa terceira edición, está dirixido a escolares ourensáns de 11 a 14 anos. Invítaselles a escribir un relato sobre un tema social ou sanitario. Este ano o concurso dedicouse á igualdade de oportunidades entre nenas e nenos.

Os alumnos de diferentes centros ourensáns escribiron relatos protagonizados por personaxes femininos que logran acadar as súas metas profesionais e persoais grazas a un mundo no que homes e mulleres poidan optar ás mesmas posibilidades. Neste sentido, durante a entrega de premios, a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias , lembrou a importancia de loitar pola igualdade de xénero desde a infancia.

Os gañadores das categorías de 11-12 anos e 13-14 anos, respectivamente, foron Diego García e Raúl Álvarez. Aurora Vázquez, responsable de Enfermería de Centro Médico O Carmen, foi a encargada, xunto á concelleira, de entrega os premios.