Iván Salgado remata na oitava posición do europeo lóstrego

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

CXO

Adrián Gómez consegue en Benidorm os puntos que o converten en Mestre FIDE

11 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O xadrez ourensán volveu brillar lonxe das nosas fronteiras nunha semana na que se recolleron boas noticias procedentes de distintos puntos do mapa, comezando polo máximo embaixador do deporte ciencia na provincia, un Iván Salgado que se moveu entre os mellores do Campionato de Europa individual de Lóstrego (Blitz). Tamén cobrou protagonismo o mozo Adrián, que acadou a categoría de Mestre FIDE no Open Internacional de Benidorm.

Na localidade macedonia de Skopie celebrouse a disputa do citado cetro continental de Blitz, un torneo no cal o Gran Mestre ourensán alzouse ata a oitava posición, a pesar de pugnar con máis de trescentos xadrecistas, máis de douscentos deles con titulación internacional, o que dá unha idea do altísimo nivel da proba. Salgado López, tras unha soberbia actuación, que lle levou mesmo a liderar a competición tras as dez primeiras partidas disputadas, baixou no escalafón ao cruzarse con durísimos adversarios de elite mundial como o Gran Mestre ruso e ao cabo campión, Vladislav Artemiev ou o número uno checo, o tamén Gran Mestre David Navara. Iván rematou callando unha actuación de 2.663 de ránking e obtivo unha considerable subida de 97,2 puntos na clasificación de Blitz.

O ourensán completa, desta forma, un positivo ano 2018, no que pecha o curso co bo sabor de boca deste top dez europeo, sumándose l cuarto posto no nacional na modalidade de xadrez rápido e o ascenso á Primeira División Nacional o pasado agosto en Linares co seu equipo, o Club Xadrez Ourense.

Norma internacional

Pola súa banda, o mozo Adrián Gómez Diéguez, viaxaba nesas datas a terras alacantinas, para disputar a sétima edición do Open Internacional de Benidorm, unha importante cita na que tomaron parte 140 xadrecistas, representando a máis dunha vintena de países e á que o xadrecistas do Xadrez Ourense acudía co firme obxectivo de sumar os 11 puntos que lle separaban dos 2300 necesarios para obter a titulación de Mestre Fide, condecoración que outorga a Federación Internacional aos xadrecistas que logran tan difícil obxectivo. Seguiu así os pasos do seu irmán David.