A Escola de Artes e Oficios languidece nun vello local

La Voz

OURENSE

Non dispoñible

No ano 1998, a falta de espacioimpedía aos alumnos acudir a clase coa asiduidade que desexaban

09 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que atesoura unha longa historia, fundouse en 1857, a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense languidece nun vello local e o malestar dos alumnos é cada vez máis patente.

A falta de espazo, que impide aos alumnos acudir a clase coa asiduidade que desexan xa que é necesario establecer quendas, e as condicións da escola centran as queixas dos matriculados. A Escola de Artes e Oficios atópase nos baixos da Deputación, entrando pola Praza do Rei, tras ter que abandonar o Simeón polas obras. O director da mesma, o profesor Manuel Vidal González, sinala que «cada día vén xente enfadadísima, porque ven que non hai espazo suficiente nin medios. Cúlpanme a min e eu levo tres anos loitando de forma tremenda para solucionar estas cousas». A escola situouse nun primeiro momento no instituto Otero Pedrayo e en 1955 pasou á sede dos antigos xulgados. Tamén estivo no antigo hospital e noutro pavillón do campus.