A feira consolídase como referente do Vinteún

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Gran número de persoas participan nunha proposta comercial e de lecer que reivindica o nome do barrio

22 oct 2018 . Actualizado ás 12:33 h.

O 21 era o día de feira. O barrio acabou sendo O Vinteún, sen necesidade de maiores complicacións. E mentres outras tradicións pérdense, un grupo de animosos decidiron que merecía a pena recuperar a cita. Converter a xornada nun día de festa e que as xeracións posteriores coñezan a orixe do barrio merecen ese esforzo. A convocatoria vaise asentando e a cita atraeu onte a un bo número de persoas, maioritariamente da zona, pero tamén doutros lugares, atraídos pola singularidade. foto miguel villar