José Manuel Baltar ofrece unha charla sobre despoboamento rural

La Voz

OURENSE

CEDIDA

A solución pasa «pola xestión intelixente, o traballo coordinado, as medidas efectivas e menos burocracia», di

20 sep 2018 . Actualizado ás 19:39 h.

O presidente da Deputación ourensá, José Manuel Baltar, participou onte en Tarragona nunha conferencia sobre gobernos provinciais e ofreceu unha charla sobre «Despoboamento rural e desenvolvemento sostible en Ourense». A solución ao reto demográfico pasa, segundo dixo o presidente, «pola xestión intelixente, o traballo coordinado, as medidas efectivas e menos burocracia».