Coren presenta os seus produtos máis ecolóxicos en Meat Attraction

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

cedida

O grupo ourensán leva á feira especializada en carnes de Ifema as súas producciojnes de porco alimentado con castañas ou pito de curral

16 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Grupo Coren participará, desde o martes 18 ao xoves 20 de setembro na feira sectorial Meat Attraction, un punto de encontro especializado entre profesionais das empresas cárnicas e a distribución, xunto con provedores de equipamento e solucións específicas para o sector. Celébrase no recinto feiral de Madrid, Ifema e está organizado por Anice (Asociación Nacional de Industrias Cárnicas).

A cooperativa ourensá presenta en Meat Attraction producións como a gama selecta de porco alimentado con castañas ou o pito de curral. O Grupo Coren destaca tamén mostrará na feira especializada as súas producións de pito, porco e tenreira de crianza ecolóxica. A cooperativa sinala, nun comunicado, que deron un impulso a este tipo de carnes no último ano para responder á demanda crecente do mercado. Desde Coren aseguran que estes produtos proceden de animais criados con saídas ao campo e alimentados con cereais de cultivo ecolóxico con certificación oficial.

No certame, o grupo ourensán conta cunha caseta de 80 metros cadrados e presentará ademais produtos novos, elaborados con porco e pito ecolóxicos, e marinados de tenreira.