Declarado o cuarto incendio forestal do verán no Invernadeiro

La Voz O Barco

OURENSE

BRIGADA VILAMAIOR

O lume comezou ás 16.42 horas e afecta a 20 hectáreas

14 sep 2018 . Actualizado ás 21:56 h.

Apenas tres días despois de que a Consellería de Medio Ambiente puxese en marcha os traballos de restauración do parque natural do Invernadeiro tras os tres incendios que queimaron máis de 100 hectáreas en agosto, un novo lume ameaza o espazo protexido. Segundo as primeiras estimacións da Consellería de Medio Ambiente, o lume queimou 20 hectáreas na parroquia de San Mamede de Hedrada, e continúa activo.

Nos labores de extinción traballan un un técnico, catro axentes, 16 brigadas, 4 motobomas, 1 pa, 7 helicópteros e 6 avións, entre eles a Brif de Laza e a Brigada de Vilamaior, que se retiraron ao luscofusco. Seguen os traballos a pé. O lume comezou ás 16.42 horas.