Críticas á Xunta polo seu «nulo apoio» ao festival de cine

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

O conselleiro de Cultura apunta que a supervivencia do certame é responsabilidade do Concello

21 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez, dixo onte -en resposta a unha pregunta parlamentaria da socialista Noela Blanco - que a supervivencia do festival de cine este ano é responsabilidade do Concello. O goberno autonómico apoiará o certame se finalmente se celebra, engadiu. Iso non impediu as críticas da deputada do PSOE, que censurou o «nulo apoio» a este festival.