A Real Banda actuará hoxe ante a raíña Sofía no centenario do Pai Rubinos

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Álvaro Vaqueiro

Xosé Lois Foxo recibiu fai un ano o encargo de pór música ao himno da institución benéfico social

19 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A celebración na Coruña do centenario da Real Institución benéfico social Pai Rubinos terá este mediodía unha importante presenza ourensá. Xosé Lois Foxo recibiu fai un ano o encargo de pór música ao himno para ser estreado pola Real Banda da Deputación de Ourense o día do seu cen aniversario; ademais de ser gravada para o futuro. Coro da Emigración é título do himno que ha musicado o director ourensán tendo en conta o texto escrito fai cen anos por un irmán do pai Rubinos.

Durante a celebración, a Real Banda da Deputación de Ourense entregará á raíña Sofía, que presidirá os actos previstos polo centenario, a partitura do himno do Pai Rubinos. Coro da Emigración é un texto moi emotivo e sinxelo que fala sobre a procura dunha vida mellor e dun amor incondicional a Galicia, ao que Xosé Lois Foxo engadiu a música para piano, violín e gaita en tres modalidades.

Ata á Coruña viaxarán hoxe unha trintena de compoñentes da Real Banda e o coro de cantareiras da agrupación, que acompañarán coa súa música a voz da cantante lucense Lucía Pérez, encargada de entoar o texto de Xosé Rubinos.