Pachi Vázquez, sorprendido pola actuación da Fiscalía tras tres anos sen presentar «un só papel»

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón OURENSE

OURENSE

Álvaro Vaqueiro

O carballiñés mantense na carreira por liderar o PSOE ourensán

12 dic 2017 . Actualizado ás 10:34 h.

«Seguimos». Así resolve Pachi Vázquez as dúbidas que puidesen existir sobre a súa continuidade na carreira por liderar o PSOE ourensán tras pedir a Fiscalía que continúe a causa contra ela por unhas contratacións presuntamente irregulares na súa época de alcalde.

«Logo de presentar máis de tres mil documentos e informes sen que a fiscalía en tres anos presentase un só papel,temos solicitado o arquivo da causa. Confio na Xustiza e na presunción de inocencia», dixo o carballiñés, que afirma que seguirá traballando para gañar apoios na militancia e para buscar acordos que fagan forte ao partido».